Wednesday 24 de April de 2024

O Concello de Brión convoca “Conciliabrión Entroido 2022”, no que terán preferencia as familias coas rendas máis baixas


Inscricións ata o 18 de febreiro en actividadesbrion@gmail.com

O Concello de Brión vén de convocar “Conciliabrion Entroido 2022”, unha actividade de conciliación da vida laboral e familiar para as vacacións escolares de Entroido. A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e terá lugar en Monte Balado do 28 de febreiro ao 2 de marzo, en horario de 7:30 a 15:30 horas.

Só poderán participar no programa familias empadroadas en Brión, tendo preferencia aquelas coa rendas máis baixas. O Concello convoca un máximo de 20 prazas, sendo imprescindible contar cun mínimo de 8 crianzas para desenvolver a actividade. A cota da actividade axustarase á renda familiar.

O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 18 de febreiro. Para anotarse será preciso encher e entregar unha folla de inscrición (dispoñible en www.concellodebrion.gal) e entregala no mail actividadesbrion@gmail.com. Máis información o dúbidas no: 981 50 99 08 (extensión 32).